Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2018 Páx. 1982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se dá publicidade da sanción firme imposta pola comisión dunha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais (expediente 2014/0002-0).

Unha vez que adquiriu firmeza a sanción imposta á empresa que se cita pola comisión dunha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais, dáselle publicidade, de conformidade co disposto na Orde da Consellería de Traballo, do 30 de xullo de 2008, sobre publicación das sancións nesa materia e cos datos establecidos no artigo 3 da citada orde.

Nome ou razón social da empresa: Obrascón Huarte Laín, S.A.

Sector da actividade e CNAE: construción de edificios residenciais (4121).

CIF: A48010573.

Domicilio social: Paseo de la Castellana, 259, 28046 Madrid.

Infracción cometida: artigo 13.14 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto. Subscribir pactos que teñen por obxecto a elusión en fraude de lei das responsabilidades empresariais en materia de prevención de riscos laborais.

Precepto legal infrinxido: artigo 42.3 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, en conexión co artigo 24.3 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Importe da sanción económica imposta: 40.986,00 euros.

Data de extensión da acta: 20.1.2014.

Data de firmeza da sanción: 29.9.2017.

Conforme o disposto no artigo 2.4 da Orde da Consellería de Traballo do 30 de xullo de 2008, semestralmente publicarase a relación de empresas sancionadas na páxina web da citada consellería. Ademais, inscribiranse no Rexistro Público de Empresas Sancionadas por comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais os datos publicados neste anuncio, de acordo co previsto no artigo 4 da dita orde. Estes datos cancelaranse de oficio aos cinco anos contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego