Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2018 Páx. 1984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 15 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-CO-0865/2016-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-CO-0865/2016-PPM.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente da dita orde xurisdicional no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa recepción, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo en que o interesado teña o seu domicilio, ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

A Coruña, 15 de decembro de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-CO-0865/2016-PPM

José Manuel Pouso García

52452692L

Resolución

Clara Campoamor, 2, 3º B, Ribeira