Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2018 Páx. 1460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, do servizo de soporte técnico especializado de equipamento TIC en postos de traballo de centros administrativos na contorna de Santiago de Compostela e na Rede CeMIT da Xunta de Galicia (expediente AMT-2018-0011).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: AMT-2018-0011.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: é obxecto deste contrato o servizo de soporte especializado do posto de traballo dixital (incluíndo ordenadores persoais, impresoras, sistemas multimedia e demais medios TIC de posto dixital) en centros administrativos na contorna de Santiago e en centros da Rede CeMIT da Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: si, 2 lotes.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do obxecto do presente contrato será de 24 meses a contar a partir da data estimada de inicio do servizo para cada lote. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado: 2.544.720,00 € (sen IVE).

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 848.240,00 €, máis 178.130,40 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.026.370,40 €, que se distribúe nos seguintes lotes e anualidades:

Lote 1: centros administrativos na contorna de Santiago de Compostela:

• 2018: 165.729,89 € + IVE (34.803,28 €) = 200.533,17 €.

• 2019: 259.040,00 € + IVE (54.398,40 €) = 313.438,40 €.

• 2020: 93.310,11 € + IVE (19.595,12 €) = 112.905,23 €.

Total: 518.080,00 € + IVE (108.796,80 €) = 626.876,80 €.

Lote 2: centros da Rede CeMIT:

• 2018: 105.615,70 € + IVE (22.179,30 €) = 127.795,00 €.

• 2019: 165.080,00 €+ IVE (34.666,80 €) = 199.746,80 €.

• 2020: 59.464,30 € + IVE (12.487,50 €) = 71.951,80 €.

Total: 330.160,00 € + IVE (69.333,60 €) = 399.493,60 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=246706.

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia e clasificación: véxase a alínea N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 7.2.2018, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación a presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

• Entidade: Rexistro da Amtega.

• Enderezo: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

• Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 29.12.2017.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia