Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2018 Páx. 1464

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, do servizo de aloxamento externo (hosting) da infraestrutura da plataforma tecnolóxica da pesca (PTP) que presta servizo no ámbito de Mar da Xunta de Galicia (expediente AMT-2018-0027).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: AMT-2018-0027.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: o obxecto da presente contratación é o servizo de aloxamento externo e mantemento en explotación (hosting) dos sistemas informáticos e as infraestruturas asociadas (hardware e software de base) que dan soporte físico e telemático á Plataforma tecnolóxica de pesca (PTP). O sistema de aloxamento (hosting) comprende todos os niveis da Plataforma tecnolóxica da pesca de Galicia (https://www.pescadegalicia.gal/).

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses a contar a partir do 10.6.2018. Se a data de formalización do contrato for posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses terase en conta desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado: 292.561,98 € (sen IVE).

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 97.520,66 €, máis 20.479,34 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 118.000,00 €, que se distribúe nas seguintes anualidades:

• 2018: 27.102,62 € + IVE (5.691,55 €) = 32.794,17 €.

• 2019: 48.760,33 € + IVE (10.239,67 €) = 59.000,00 €.

• 2020: 21.657,71 € + IVE (4.548,12 €) = 26.205,83 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=248783.

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia e clasificación: véxase a alínea N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 12.2.2018, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación a presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

• Entidade: Rexistro da Amtega.

• Enderezo: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

• Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 2.1.2018.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia