Con data do 15 de decembro de 2017, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da conselleira de Infraestruturas e Vivenda (Orde do 4 de febreiro de 2013, Diario Oficial de Galicia do 20 de febreiro), visto o informe da análise das alegacións, resolveu o seguinte:
«Antecedentes de feito:
Primeiro. Con data do 31 de xullo de 2017, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 144 o Anuncio do 19 de xullo de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública, en materia de expropiacións, a relación de bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na OU-105-Seixalbo, de clave OU/16/247.06.
Segundo. O trámite de información pública tivo unha duración de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Durante todo o trámite de información pública presentáronse alegacións e certificados, e procedeuse á súa valoración.
Fundamentos de dereito:
Primeiro. De acordo co disposto nos artigos 18 e seguintes da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, e os concordantes do seu regulamento, someteuse a relación de bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na OU-105-Seixalbo, de clave OU/16/247.06, así como os planos correspondentes.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na OU-105-Seixalbo, de clave OU/16/247.06, mantendo o trazado proposto como definitivo.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa ou ben recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas».
O que se fai público para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2017
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas