Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2018 Páx. 1236

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2017 pola que se anuncia a licitación para a contratación non suxeita a regulación harmonizada da obra do proxecto de construción de sinalización e mellora do Camiño Portugués, interior e da costa, por tramitación anticipada, procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no obxectivo específico 6.3.2.

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: obra.

Descrición do obxecto: execución da obra, por lotes, do proxecto de construción da sinalización e mellora no Camiño Portugués, interior e da costa.

Lote 1: proxecto de construción da sinalización e mellora do Camiño Portugués pola costa: A Guarda p.q. 165+580 - Redondela p.q. 87+390.

Lote 2: proxecto de construción da sinalización e mellora do Camiño Portugués: Tui p.q. 120+780 - Redondela p.q. 81+100.

Lote 3: proxecto de construción da sinalización e mellora do Camiño Portugués: Soutomaior p.q. 81+100 - Portas p.q. 49+550.

Lote 4: proxecto de construción da sinalización e mellora do Camiño Portugués: Caldas de Reis p.q. 49+550 - Santiago de Compostela p.q. 0+00.

Prazo de execución: seis (6) meses para cada lote, desde a acta de comprobación da implantación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: anticipada.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Lote 1: importe sen IVE: 599.840,67 €; IVE (21 %): 125.966,54 €; importe total: 725.807,21 €.

Lote 2: importe sen IVE: 375.371,88 €; IVE (21 %): 78.828,10 €; importe total: 454.199,98 €.

Lote 3: importe sen IVE: 596.408,83 €; IVE (21 %): 125.245,85 €; importe total: 721.654,68 €.

Lote 4: importe sen IVE: 440.378,73 €; IVE (21 %): 92.479,53 €; importe total: 532.858,26 €.

Importe total dos lotes (IVE incluído): 2.434.520,13 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación para cada lote, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas da obra poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=224311.

Información de índole técnica; teléfono 881 99 60 68.

Información de índole administrativa; teléfono 981 54 63 85.

7. Requisitos específicos do contratista:

Non se exixe clasificación como contratista de obras para os lotes 2 e 4, pero para as empresas que acrediten a súa clasificación no grupo G, subgrupo 6, categoría 3, considerarase esta última substitutiva da solvencia económica e financeira, técnica e profesional.

Para os lote 1 e 3 exíxese clasificación no grupo G, subgrupo 6, categoría 3.

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo for domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro da Axencia Turismo de Galicia, Estrada Santiago - Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela, en sobre pechados. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura do sobre B e C terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e na hora que serán anunciadas, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia