Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2018 Páx. 1232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, do servizo de mantemento dos puntos de información do Servizo Público de Emprego de Galicia da Xunta de Galicia, distribuída en 2 lotes (expediente AMT-2018-0013).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: AMT-2018-0013.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a contratación do servizo de mantemento de todos os compoñentes do punto de información do Servizo Público de Emprego de Galicia, para que o sistema quede completamente operativo unha vez arranxada a avaría. Tamén inclúe traslados das unidades segundo o requira a Administración.

O contrato divídese en 2 lotes, atendendo aos puntos de información:

• Lote 1: puntos de información INVES.

• Lote 2: puntos de información PL.

b) División por lotes e número: si, 2.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto deste contrato será de 24 meses contado a partir do 10.3.2018. Se a data de formalización do contrato é posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, harmonizado.

4. Valor estimado: 417.600,00 € (sen IVE), distribuído segundo os lotes:

• Lote 1: 37.800,00 €.

• Lote 2: 379.800,00 €.

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 139.200,00 €, máis 29.232,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 168.432,00 €, que se distribúe nas seguintes anualidades segundo os lotes:

• Lote 1. Puntos de información INVES.

2018: 5.075,00 € + 1.065,75 € (IVE 21 %) = 6.140,75.

2019: 6.300,00 € + 1.323,00 € (IVE 21 %) = 7.623,00 €.

2020: 1.225,00 € + 257,25 € (IVE 21 %) = 1.482,25 €.

Total lote 1: 12.600,00 € + 2.646,00 € (IVE 21 %) = 15.246,00 €.

• Lote 2. Puntos de información PL.

2018: 50.991,67 € + 10.708,25 € € (IVE 21 %) = 61.699,92 €.

2019: 63.300,00 € + 13.293,00 € (IVE 21 %) = 76.593,00 €.

2020: 12.308,33 € + 2.584,75 € (IVE 21 %) = 14.893,08 €.

Total lote 2: 126.600,00 € + 26.586,00 € (IVE 21 %) = 153.186,00 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=246697.

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia e clasificación: véxase a alínea N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 7.2.2018, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

• Entidade: Rexistro da Amtega.

• Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

• Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicaranse no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na alínea K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 29.12.2017.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2017

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
P.D. (Acordo do 22.12.2017)
José Luis Somoza Digón
Xerente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia