Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2018 Páx. 1227

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, do servizo de actualización tecnolóxica de software base de servidor da Xunta de Galicia (expediente AMT-2018-0015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: AMT-2018-0015.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo para a actualización tecnolóxica do software de servidor existente nos centros de proceso de datos dependentes da Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: si, 5 lotes.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses contado a partir da data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado: 5.217.000,00 € (sen IVE).

• Lote 1: 1.239.636,00 €.

• Lote 2: 900.000,00 €.

• Lote 3: 1.523.844,00 €.

• Lote 4: 798.120,00 €.

• Lote 5: 755.400,00 €.

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 1.870.484,00 €, máis 392.801,64 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 2.263.285,64 €, que se distribúe nos seguintes lotes e anualidades:

Lote 1: produtos baseados en FLOSS.

• 2018: 173.549,04 € + IVE (36.445,30 €) = 209.994,34 €.

• 2019: 206.606,00 € + IVE (43.387,26 €) = 249.993,26 €.

• 2020: 33.056,96 € + IVE (6.941,96 €) = 39.998,92 €.

Total: 413.212,00 € + IVE ( 86.774,52 €) = 499.986,52 €.

Lote 2: sistema de xestión documental baseado en FLOSS.

• 2018: 126.000,00 € + IVE (26.460,00 €) = 152.460,00 €.

• 2019: 150.000,00 € + IVE (31.500,00 €) = 181.500,00 €.

• 2020: 24.000,00 € + IVE (5.040,00 €) = 29.040,00 €.

Total: 300.000,00 € + IVE ( 63.000,00 €) = 363.000,00 €.

Lote 3: software para a xestión das bases de datos, copias de seguridade e integración.

• 2018: 264.286,09 € + IVE (55.500,08 €) = 319.786,17 €.

• 2019: 315.266,00 € + IVE (66.205,86 €) = 381.471,86 €.

• 2020: 50.979,91 € + IVE (10.705,78 €) = 61.685,69 €.

Total: 630.532,00 € + IVE ( 132.411,72 €) = 762.943,72 €.

Lote 4: software de seguridade e arquivamento.

• 2018: 111.736,80 € + IVE (23.464,73 €) = 135.201,53 €.

• 2019: 133.020,00 € + IVE (27.934,20 €) = 160.954,20 €.

• 2020: 21.283,20 € + IVE (4.469,47 €) = 25.752,67 €.

Total: 266.040,00 € + IVE (55.868,40 €) = 321.908,40 €.

Lote 5: software de virtualización.

• 2018: 108.948,36 € + IVE (22.879,16 €) = 131.827,52 €.

• 2019: 130.758,00 € + IVE (27.459,18 €) = 158.217,18 €.

• 2020: 20.993,64 € + IVE (4.408,66 €) = 25.402,30 €.

Total: 260.700,00 € + IVE (54.747,00 €) = 315.447,00 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=245049.

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia e clasificación: véxase a alínea N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 12.2.2018, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

• Entidade: Rexistro da Amtega.

• Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

• Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicaranse no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na alínea K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 2.1.2018.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2017

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
P.D. (Acordo do 22.12.2017)
José Luis Somoza Digón
Xerente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia