Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2018 Páx. 1240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2017 pola que se anuncia a licitación para a contratación, non suxeita a regulación harmonizada, do servizo de planificación e execución do programa cultural Vive o Camiño 2018, tramitación anticipada, licitado polo procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: servizo.

Descrición do obxecto: organización dun ciclo de actividades culturais dirixido a peregrinos e á poboación local dos concellos de Ames, Barro, Caldas de Reis, Mos, Padrón, Pontecesures, Pontevedra, O Porriño, Portas, Redondela, Rois, Soutomaior, Teo, Tui, Valga e Vilaboa do Camiño Portugués e dos concellos de Baiona, A Guarda, Nigrán, Oia, O Rosal e Vigo no Camiño Portugués pola Costa, dando prioridade aos concellos con máis poboación e aos mais representativos no turismo da comunidade para a promoción destas rutas e a transmisión dos valores xacobeos entre os visitantes, peregrinos e locais, así como a dinamización cultural dos concellos por onde transcorren estas rutas.

Prazo de execución: tres (3) meses e quince (15) días. Os prazos de execución serán para a presentación da programación e da imaxe definitiva, un máximo de dúas semanas desde a sinatura do contrato, e tres meses para o desenvolvemento da programación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: anticipada.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 61.983,47 €.

IVE (21 %): 13.016,53 €.

Importe total IVE incluído: 75.000,00 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas do servizo poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N 246696.

Información sobre a contratación:

Teléfono: 881 99 70 22.

Correo electrónico: contratacion-turismo.cpr@xunta.es.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. Se o día de finalización do prazo fose sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata ou primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro da Axencia Turismo de Galicia, estrada Santiago-Noia, km 3 (A Barcia), 15897 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e na hora que serán anunciadas no perfil de contratante http://www.contratosdegalicia.es.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia