Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2018 Páx. 1257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración e instalación de luminarias e sistema de regulación e control da iluminación no Hospital da Costa de Burela, cofinanciada nun 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014-2020, prioridade de investimento PI 4.c e obxectivo específico OE 4.3.1 (expediente AB-SER3-18-001).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos.

ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

iii) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

iv) Teléfonos: 881 54 18 38 (cuestións administrativas) e 881 54 00 73 (cuestións técnicas).

v) Telefax: 881 54 27 62.

vi) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

vii) Data límite de obtención de documentación e información: antes do día 29 de enero de 2018.

d) Número do expediente: AB-SER3-18-001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: contratación da subministración e instalación de luminarias e sistema de regulación e control da iluminación no Hospital da Costa de Burela (Lugo).

c) División por lotes e número: non procede.

d) Lugar de entrega:

i) Enderezo: Hospital da Costa de Burela. Ver o número 14 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

ii) Localidade e código postal: Burela 27880.

e) Prazo de execución: catro (4) meses.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 31500000-1 e 45310000.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e por anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e contratación documentalmente simplificada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver o número 11 da folla de especificacións do PCAP.

4. Valor estimado do contrato: 219.916,41 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 219.916,41 €, IVA (%): 21 %. Importe total: 266.098,86 €. Ver o número 8 da folla de especificacións do PCAP.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE. Ver o número 20 da folla de especificacións do PCAP.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, e ademais adscrición de medios: ver os números 16 e 17 da folla de especificacións do PCAP.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ata o día 29.1.2018.

b) Modalidade de presentación: ver a cláusula 5 do PCAP.

c) Lugar de presentación:

i) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (horario de funcionamento é das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres).

ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

iii) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Admisión de variantes: non se admite.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses desde a apertura de ofertas.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos sobre B e sobre C en actos públicos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: ver no perfil do contratante da páxina http://www.sergas.es/ e no https://www.contratosdegalicia.gal

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Ver o número 26 da folla de especificacións do PCAP.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20.12.2017.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos