Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2018 Páx. 1253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de desenvolvemento dunha plataforma tecnolóxica para a xestión do coñecemento no ámbito sanitario, enmarcado dentro do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade para a execución das actividades relacionadas co plan de innovación sanitaria Código 100 mediante financiamento comunitario polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), dentro do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020 (Pocint), financiado nun 80 % cos ditos fondos (expediente AB-SER1-18-004).

missing image file

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 881 54 36 18.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 24.1.2018.

d) Número de expediente: AB-SER1-18-004.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de desenvolvemento dunha plataforma tecnolóxica para a xestión do coñecemento no ámbito sanitario.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 20 meses desde a súa formalización ou como máximo o 30.11.2019.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntos

Criterios non valorables automaticamente (sobre B)

0-50

Proposta funcional

0-20

Proposta técnica

0-10

Plan de proxecto e plan de negocio

0-10

Elementos innovadores tecnolóxicos e organizativos da solución prantexada

0-10

Concepto

Puntos

Criterios valorables automaticamente (sobre C)

0-50

Prazo en meses de servizos en mantemento adaptativo e correctivo da solución

Accións ou servizos que faciliten a implantación e o mantemento da solución

0-15

0-15

Condicións de participación en beneficios de explotación

0-15

Prezo (oferta económica)

0-5

4. Valor estimado do contrato: 1.040.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.040.000 euros. Importe total: 1.258.400 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 ou 5, categoría D/4 ou superior.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 24.1.2018.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 19.12.2017.

12. Outras informacións.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos