Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2018 Páx. 1261

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO do acordo de suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas e comunicacións previas para a instalación de determinadas actividades de ocio e esparexemento e de talleres mecánicos e de chapa e pintura de automóbiles.

O Pleno da Corporación na súa sesión ordinaria do 30 de novembro de 2017 adoptou o seguinte acordo:

«Suspender o procedemento de outorgamento de licenzas e comunicacións previas para a instalación de actividades de ocio e esparexemento de cafés-cantante, cafés-concerto, cafés-teatro, discotecas, salas de baile, salas de festa e tablaos flamencos e de talleres mecánicos e de chapa e pintura de automóbiles en edificios de vivendas ou en edificios específicos acaroados a outros de carácter residencial en todos os solos urbanos residenciais do termo municipal de Cambre durante o prazo dun ano co obxecto de estudar a modificación das normas subsidiarias de planeamento en que á ubicación das ditas instalacións e actividades se refire, de conformidade co artigo 47.1 da Lei 2/2016, do solo de Galicia».

O prazo dun ano de suspensión contarase a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente desta suspensión poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais da Área de Urbanismo sitas na Casa do Concello de Cambre.

O que se fai público para xeral coñecemento informando que contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde a publicación do presente acordo, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 30/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

Cambre, 7 de decembro de 2017

O alcalde
P.D. (Resolución 1841/2016, do 18 de novembro)
Juan González Leirós
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo,
Obras e Medio Ambiente