Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 4 de xaneiro de 2018 Páx. 1051

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 13 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no alzamento de medidas cautelares SC 11/17 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administración publicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprazase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura, sita en Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, núm. 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Trascorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

Contra este acordo, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE.

Pontevedra, 13 de decembro de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expedientes: 2017159 AL-PO, SC 11/17 IP e IC 10/17 IP.

Empresa afectada: Mariscos Ría de Vigo, S.L.

Acto de notificación: alzamento das medidas cautelares: suspensión de actividades núm. SC 11/17 IP e intervención cautelar núm. IC 10/17 IP.