Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 4 de xaneiro de 2018 Páx. 1052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2017 pola que se anuncia a contratación de servizos formativos para impartir ensinanzas especializadas na obtención de titulacións profesionais náutico-pesqueiras e certificados de especialidade (expediente 4/2018).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: prestación de servizos formativos para impartir ensinanzas especializadas na obtención de titulacións profesionais náutico-pesqueiras e certificados de especialidade.

c) División por lotes e número: dous lotes.

– Lote 1: cursos de formación destinados a pescadores profesionais ou ben a cónxuxes ou parellas de feito, recoñecidas conforme a normativa vixente, dos pescadores autónomos.

– Lote 2: cursos de formación dirixidos a todo tipo de persoas.

d) Prazo de execución: desde o día seguinte á sinatura do contrato ata o 15.11.2019.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 80530000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, suxeito a regulación harmonizada e como gasto anticipado.

Criterios de adxudicación: o único criterio é o prezo.

4. Orzamento de licitación: 1.533.300 €, exento de IVE.

– Lote 1: 797.300 (exento de IVE).

– Lote 2: 736.000 (exento de IVE).

Valor estimado: é igual ao orzamento de licitación.

5. Financiamento: lote 1, cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (eixe/medida 1.6.1) nun 75 % e con fondos propios da Comunidade Autónoma nun 25 %. Lote 2, financiado con fondos propios da Comunidad Autónoma.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o especificado na alínea F do cadro de características do contrato.

– A solvencia económica e financeira mediante as contas anuais ou seguro de indemnización por riscos profesionais.

– A solvencia técnica e profesional, mediante relación de servizos do mesmo tipo que os que son obxecto do contrato.

7. Garantía exixida. Definitiva: 5 % do importe de licitación, excluído o IVE:

– Lote 1: 39.865 €.

– Lote 2: 36.800 €.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 44 e 981 54 40 46 (consultas administrativas); 981 54 61 39 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=235453

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 23.1.2018.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro xeral. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax, fax (981 54 50 03) ou correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do día 5.2.2018.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 15.12.2017.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017; DOG núm. 180, do 21 de setembro)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar