Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2018 Páx. 984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 26 de maio de 2017 pola que se anuncia a licitación do contrato de subministracións de actualización e mellora do sistema de monitorización da calidade do aire do Instituto Universitario de Medio Ambiente (IUMA) (expediente 2017/1012 (tres lotes)), cofinanciado nun 80 % con fondos Feder (ref. UNLC15-DE-3097) e nun 20 % pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Advertido erro na citada resolución, publicada no DOG nº 106, do 6 de xuño de 2017, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 27416, no sumario, onde di: «cofinanciado nun 80 % con fondos Feder (ref. UNLC15-DE-3097) e nun 20 % pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia», debe dicir: «financiado con fondos Feder (80 %) a través das axudas concedidas polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade (ref. UNCL15-DE-3097) correspondente a infraestruturas e equipamento científico-técnico do Subprograma estatal de infraestruturas científicas e técnicas e equipamento, convocatoria de 2015, e xestionadas pola Agencia Estatal de Investigación, así como pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (20 %)».