Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2018 Páx. 985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de xuño de 2017 pola que se anuncia a licitación dos seguintes contratos de subministracións: expediente 2017/1010 (ref. UNLC15-DE-3595) e expediente 2017/1013 (tres lotes) (ref. UNLC15-DE-3597), cofinanciados nun 80 % con fondos Feder e nun 20 % pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Advertido erro na citada resolución, publicada no DOG núm. 110, do 12 de xuño de 2017, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 28566, no sumario, onde di: «cofinanciados nun 80 % con fondos Feder e nun 20 % pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia», debe dicir: «financiados con fondos Feder (80 %) a través das axudas concedidas polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade correspondentes a infraestruturas e equipamento científico-técnico do Subprograma estatal de infraestruturas científicas e técnicas e equipamento, convocatoria de 2015, e xestionadas pola Axencia Estatal de Investigación, así como pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (20 %)».