Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2018 Páx. 983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de maio de 2017 pola que se anuncia a licitación do seguinte contrato de subministración de ampliación e renovación de infraestrutura para a análise da contaminación química e microbiolóxica en matrices ambientais e alimentarias (expediente 2017/1009 (cinco lotes)), cofinanciado nun 80 % con fondos Feder (ref. UNLC15-DE-3431) e nun 20 % pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Advertido erro na citada resolución, publicada no DOG nº 97, do 23 de maio de 2017, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 24981, no sumario, onde di: «cofinanciado nun 80 % con fondos Feder (ref. UNLC15-DE-3431) e nun 20 % pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia», debe dicir: «financiado con fondos Feder (80 %) a través das axudas concedidas polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade (ref. UNCL15-DE-3431) correspondente a infraestruturas e equipamento científico-técnico do Subprograma estatal de infraestruturas científicas e técnicas e equipamento, convocatoria de 2015, e xestionadas pola Axencia Estatal de Investigación, así como pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (20 %)».