Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2018 Páx. 982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 28 de abril de 2017 pola que se anuncia a licitación dos seguintes contratos de subministracións: expediente 2017/1005 (ref. UNLC15-DE-3116), expediente 2017/1007 (ref. UNLC15-DE-3882) e expediente 2017/1008 (ref. UNLC15-DE-3691), cofinanciados nun 80 % con fondos Feder e nun 20 % pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Advertido erro na citada resolución, publicada no DOG nº 95, do 19 de maio de 2017, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 24526, no sumario, onde di: «cofinanciados nun 80 % con fondos Feder e nun 20 % pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia», debe dicir: «financiados con fondos Feder (80 %) a través das axudas concedidas polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade correspondentes a infraestruturas e equipamento científico-técnico do Subprograma estatal de infraestruturas científicas e técnicas e equipamento, convocatoria de 2015, e xestionadas pola Axencia Estatal de Investigación, así como pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (20%)».