1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.
c) Número de expediente: ED-05/18 SU.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: adquisición de 8 adestradores de electropneumática con compresor e PLC e 8 adestradores de electrohidráulica para as familias profesionais de instalación e mantemento e fabricación mecánica con destino aos centros educativos que dependen desta consellería.
b) División por lotes e número: si, 2.
c) Lugar de entrega e instalación: nos centros educativos que indique a consellería.
d) Prazo de entrega: 60 días desde a formalización do contrato ou o prazo ofertado polo adxudicatario se for inferior.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria/anticipado de gasto.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran nos apartados 15 e 16 do cadro de especificacións particulares do prego tipo de cláusulas administrativas.
4. Orzamento base de licitación.
Prezo: 166.400,00 euros (IVE excluído). IVE: 34.944,00 euros. Importe total: 201.344,00 euros.
5. Garantías.
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do orzamento de licitación (IVE excluído).
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación da empresa: non.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver punto 13 do cadro de especificacións particulares do prego tipo de cláusulas administrativas.
7. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
c) Teléfono: 981 54 44 53/981 54 44 95.
d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:
www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=236679
8. Presentación das ofertas:
a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de vinte e cinco (25) días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.
c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego tipo de cláusulas administrativas e no cadro de especificacións particulares do prego tipo.
d) Lugar de presentación:
1º. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia no Complexo Administrativo San Caetano ou por correo.
Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.
2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora: a apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2017
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria