Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2018 Páx. 246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, tramitación anticipada e documentalmente simplificada da subministración de cartonaxe impresa para títulos académicos non universitarios para a Dirección Xeral de Recursos Humanos que dependen desta consellería (expediente ED-06/18 SU).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.

c) Número de expediente: ED-06/18SU.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de cartonaxe impresa para títulos académicos non universitarios.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de entrega e instalación: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, situada no Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.

d) Prazo de entrega: 60 días desde que se emita a petición pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria/anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran nos puntos 15 e 16 do cadro de especificacións particulares do prego tipo de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: 95.000,00 euros (IVE excluído), IVE: 19.950,00 euros, que se especifica no punto 7 do cadro de especificacións particulares do prego tipo de cláusulas administrativas.

Importe total: 114.950,00 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de licitación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación da empresa: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver punto 13 do cadro de especificacións particulares do prego tipo de cláusulas administrativas.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 53/981 54 44 95.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=237274.

8. Presentación das ofertas:

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de dezaseis (16) días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego tipo de cláusulas administrativas e no cadro de especificacións particulares do prego tipo.

d) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2017

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria