Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2018 Páx. 252

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2017 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e anticipada de gasto, documentalmente simplificada, do servizo para o desenvolvemento dunha campaña de publicidade para a promoción do leite galego (expediente 9/2018).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: definir a estratexia de medios e soportes para desenvolver unha campaña publicitaria a nivel autonómico para promover o consumo de leite galego e, nomeadamente, da marca «Galega 100 %» como distintivo de calidade durante o ano 2018.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: a duración do servizo estenderase desde a data seguinte á sinatura do contrato ata o 15 de novembro de 2018.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79341400-0.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto. Procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 181.818,18 €; IVE (21 %): 38.181,82 €; importe total: 220.000,00 €.

Valor estimado: 181.818,18 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe, mais se conta coa clasificación grupo T, subgrupo 1, categoría 2 estará exento de acreditar a solvencia.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas alíneas F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE (9.090,91 €).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 y 881 99 93 88 (consultas administrativas); 981 54 68 82 y 981 54 57 33 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=236695

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico
licitacion.mediorural@xunta.gal

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.30 horas do noveno día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante.

11. Gastos de publicidade: o custo deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015, DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural