Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2018 Páx. 238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se lles oferta ás empresas editoras que participen na Orde do 22 de novembro de 2017, pola que se informan as empresas editoriais con publicacións en galego en formato físico da apertura do catálogo en liña de novidades editoriais para que poidan incorporar as súas publicacións, co obxecto de que os titulares de bibliotecas públicas poidan solicitalas para a actualización das súas coleccións bibliográficas para o ano 2018.

Advertidos erros na Resolución do 23 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se lles oferta ás empresas editoras que participen na Orde do 22 de novembro de 2017 pola que se informan as empresas editoriais con publicacións en galego en formato físico da apertura do catálogo en liña de novidades editoriais para que poidan incorporar as súas publicacións, co obxecto de que os titulares de bibliotecas públicas poidan solicitalas para a actualización das súas coleccións bibliográficas para o ano 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 240, do 20 de decembro de 2017, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 57674 da dita resolución, no punto cuarto, onde di: «A primeira edición deberá estar publicada entre o 3 de setembro de 2017 e o 1 de outubro de 2018», debe dicir: «A primeira edición deberá estar publicada entre o 30 de setembro de 2017 e o 28 de setembro de 2018».

Na mesma páxina da dita resolución, no punto quinto, onde di: «As novidades editoriais que se inscriban estarán dispoñibles na plataforma dixital, ben como publicacións xa editadas ben como futuras; neste último suposto, a entidade editora deberá cambiala de estado na plataforma dixital no momento en que inicie a súa comercialización; en ambos os dous casos deben estar publicadas dentro do seguinte período: 3.9.2017-1.10.2018», debe dicir: «As novidades editoriais que se inscriban estarán dispoñibles na plataforma dixital, ben como publicacións xa editadas ben como futuras; neste último suposto, a entidade editora deberá cambiala de estado na plataforma dixital no momento en que inicie a súa comercialización; en ambos os dous casos deben estar publicadas dentro do seguinte período: 30.9.2017-28.9.2018».