Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2018 Páx. 239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 19 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación documentalmente simplificada da obra de rehabilitación enerxética do CEIP Pena de Francia de Mos (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 04, obxectivo específico 04.03.01 (expediente ED 14/17-O).

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 243, do 26 de decembro de 2017, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 58275, no punto 3. Tramitación e procedemento de adxudicación, onde di: «a) Tramitación: ordinaria», debe dicir: «a) Tramitación: ordinaria/anticipado de gasto».