Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx. 59048

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (391/2011).

Eu, Olalla Soengas Varela, secretaria titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, fago saber que no procedemento de familia FO2 391/2011 foi ditado auto cuxo teor literal é o seguinte:

«Auto

Vilagarcía de Arousa, 8 de novembro de 2017

Feitos

Único. A procuradora Encarnación Fernández Sánchez, en nome e representación de Mirna Elizabeth Portillo Gallegos, solicita aclaración e rectificación da sentenza do 21 de setembro de 2017 por erros materiais nos nomes dos fillos.

Razoamentos xurídicos

Primeiro. O artigo 214 da LAC dispón que: “1. Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que padezan. 2. As aclaracións a que se refire o número anterior poderán ser feitas de oficio polo tribunal ou secretario xudicial, segundo corresponda, dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou a petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo, caso este en que será resolta por quen tiver ditado a resolución de que se trate dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración. 3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións dos tribunais e secretarios xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento”.

Segundo. En efecto, apréciase erro material manifesto e involuntario nos nomes dos fillos, posto que na demanda figuraba como Elisabeth. Non obstante, procédese a rectificar a sentenza; así, cando ao longo da sentenza se refira a Elisabeth no seu lugar debe dicir Elizabeth, e cando ao longo da sentenza se refira a Jason Alejandro no seu lugar debe dicir Jason Leonardo.

En atención ao exposto,

Parte dispositiva

Dispoño aclarar e rectificar que cando na sentenza do 21 de setembro de 2017 diga ao longo do seu texto Elisabeth, no seu lugar debe dicir Elizabeth, e cando ao longo da sentenza se refira a Jason Alejandro, no seu lugar ha de dicir Jason Leonardo.

Mantéñense o resto dos pronunciamentos

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncia, manda e asina, Rosa Lama Marra, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Leonardo Alexi Fernández García, expido este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 10 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza