Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx. 59093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 12 de decembro de 2017 polo que se somete a información pública a solicitude presentada polo Real Club Náutico de Sanxenxo para a modificación da concesión por ampliación de prazo extraordinario, superior ao máximo establecido na concesión administrativa outorgada ao Real Club Náutico de Sanxenxo, para a construción e explotación dun inmoble destinado a CEAR, escola integral de vela e sede do Real Club Náutico de Sanxenxo no porto de Sanxenxo (expediente 13-11-04-C-1).

O día 12 de decembro de 2017, o presidente de Portos de Galicia, con base no artigo 88.2 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, acordou iniciar o trámite da modificación da concesión por ampliación de prazo extraordinario, superior ao máximo establecido na concesión administrativa outorgada ao Real Club Náutico de Sanxenxo, para a construción e explotación dun inmoble destinado a CEAR, escola integral de vela e sede do Real Club Náutico de Sanxenxo no porto de Sanxenxo, con base na solicitude presentada polo concesionario.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa 5 A 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia