Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx. 59090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2017 pola que se anuncia a licitación para a contratación, non suxeita a regulación harmonizada, do servizo de organización do Congreso 7th World Trails Conference en 2018, tramitación anticipada, procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: servizo.

Descrición do obxecto: organización do 7th World Trails Conference, Congreso internacional de itinerarios do mundo, que na súa sétima edición se celebrará en Santiago de Compostela, do 26 ao 30 de setembro de 2018.

Prazo de execución: o prazo estimado de execución do contrato será de seis (6) meses e empezará a contar a partir do día seguinte á data de sinatura do contrato. Rematará en todo caso en outubro de 2018.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: anticipada e non suxeita a regulación harmonizada.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe base: 113.135,54 €.

IVE: (21 %) 23.758,46 €.

Total: 136.894,00 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas do servizo poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=236696

Información sobre a contratación:

Teléfono: 981 54 02 75.

Correo electrónico: contratación-turismo.cpr@xunta.es

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: o vixésimo día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata ou primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro da Axencia Turismo de Galicia, estrada Santiago-Noia, km 3 (A Barcia), 15897 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura do sobre B e do sobre C terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e hora que será anunciada no perfil de contratante http://www.contratosdegalicia.es.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia