Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2017 Páx. 58492

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa por razóns de urbanismo para a execución da vía e adecuación ao planeamento na rúa Concepción Arenal.

Mediante a Resolución do 20 de novembro de 2017 aprobouse definitivamente o proxecto de expropiación forzosa por razóns de urbanismo para a execución da vía e adecuación ao planeamento na rúa Concepción Arenal, redactado por Isidro López Yáñez e Ignacio José Alonso Díaz con data do 13 de novembro de 2017.

En cumprimento do disposto no artigo 293.7 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG) (DOG do 9 de novembro de 2016), polo presente anuncio exponse ao público o dito proxecto para que no prazo de vinte días, contados desde a publicación no DOG, as persoas que poidan resultar interesadas titulares de bens e dereitos formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes. O expediente completo figura á súa disposición nas dependencias do Servizo de Urbanismo, en horario de oficina, das 9.00 ás 14.00 horas.

Marín, 20 de novembro de 2017

Mª del Pilar Ramallo Vázquez
Alcaldesa presidenta