Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2017 Páx. 58491

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nos barrios da Magdalena, Ferrol Vello, A Graña e Esteiro Vello, referidas ao novo convenio entre o Ministerio de Fomento, o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Ferrol con base na prórroga do Plan estatal de vivenda 2013-2016.

Con data do 13 de decembro de 2017 a concelleira delegada titular da Área de Urbanismo, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación ditou resolución en que se aprobaron as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas áreas de rexeneración e renovación urbana dos barrios históricos da Magdalena e Ferrol Vello, do barrio da Graña e do barrio de Esteiro Vello de Ferrol, referidas ao novo convenio entre o Ministerio de Fomento, o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Ferrol con base na prórroga do Plan estatal de vivenda 2013-2016 realizada polo Real decreto 637/2016.

O texto íntegro da convocatoria publícase no BOP e na páxina web do Concello e poderase consultar nas dependencias de Urbanismo do Concello de Ferrol; rúa María, 52-54, 5º andar, das 9.00 ás 14.00 horas. Os anuncios da convocatoria publicaranse no DOG, no taboleiro de anuncios e en dous dos xornais de maior difusión da provincia (La Voz de Galicia e Diario de Ferrol).

Deberanse presentar as solicitudes, xunto coa documentación preceptiva descrita na convocatoria, mediante o impreso normalizado no Rexistro do Concello ou por calquera medio dos admitidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O dito prazo comezará aos dez días desde a data da última publicación no BOP e anuncio no DOG.

O prazo de presentación de solicitudes xunto coa documentación preceptiva remata o día 30 de abril de 2018, salvo que con anterioridade se esgotase o crédito dispoñible ou o número de intervencións concedidas.

Ferrol, 18 de decembro de 2017

O alcalde
P.D. (Resolución do 27.6.2017)
María Fernández Lemos
Concelleira delegada titular da Área de Urbanismo,
Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación