Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2017 Páx. 58433

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (563/2017).

DOI despedimento obxectivo individual 563/2017

Procedemento orixe: /

Sobre despedimento

Demandante: José Vicente Vigo Baluja

Avogada: Ángeles Cancela Regueiro

Demandados: Fogasa Fondo de Garantía Salarial, Mármoles Alende, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa,

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 563 /2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Vicente Vigo Baluja contra Mármoles Alende, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Parte dispositiva.

Dispoño:

1. Estimar parcialmente a solicitude de José Vicente Vigo Baluja de rectificar a parte dispositiva da sentenza, que debe dispoñer:

Estimo a demanda en materia de despedimento interposta pola representación procesual da parte demandante e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral do demandante con Mármoles Alende, S.L., a data desta resolución condenando a Mármoles Alende, S.L., ao aboamento dos salarios de trámite, calculados a razón de 53,66 euros/día.

En concepto de indemnización, debe aboar ao demandante a cantidade de 65.804,67 euros.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos principais.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpoñer recurso sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñerse fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a xuíz/a

O/a letrado/a da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Mármoles Alende, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial de correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza