Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2017 Páx. 58244

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (324/2017).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Vigo, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento de divorcio seguido por instancia de Sonia Revuelta Menéndez fronte a Franco Valentín Mucciacito Liemdo ditouse sentenza, cuxo tenor literal é o seguinte:

«Sentenza número 525.

Vigo, 16 de novembro de 2017.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Vigo e o seu partido viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 324/2017 sobre disolución do matrimonio por divorcio, actuando como demandante Sonia Revuelta Menéndez, representada polo procurador dos tribunais Félix Hombría Gestoso e con asistencia letrada de Mikel Zubigaray Ramos, contra Franco Valentín Mucciacito Liemdo, declarado en situación de rebeldía procesual, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sr. Hombría Gestoso, en nome e representación de Sonia Revuelta Menéndez, contra Franco Valentín Mucciacito Liemdo, declarado en situación de rebeldía, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixándose constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así, por esta a miña sentenza da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado Franco Valentín Mucciacito Liemdo, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a aquel.

Vigo, 20 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza