Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2017 Páx. 58246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2017 pola que se anuncia o procedemento aberto para a contratación documentalmente simplificada do servizo para realizar auditorías de axudas outorgadas pola Xunta de Galicia con fondos non comunitarios, no marco do Plan anual de auditorías 2018.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Número de expediente: FA21/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: consiste na realización do servizo para realizar auditorías de axudas outorgadas pola Xunta de Galicia con fondos non comunitarios, no marco do Plan anual de auditorías 2018.

c) CPV: 79212000-3.

d) Prazo de vixencia: estenderase desde o día da súa sinatura ata o 1.12.2018.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación (criterios cuantitativos avaliables mediante fórmulas):

• Oferta económica: ata 65 puntos.

• Formación dos membros do equipo: ata 35 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

a) Prezo: corenta e seis mil douscentos oitenta euros con noventa e nove céntimos (46.280,99 €), IVE excluído.

b) IVE: nove mil setecentos dezanove euros con un céntimo (9.719,01 €).

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación do contrato, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Servizo de Contratación e Réxime Interior da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 57 14/981 54 41 40.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Correo electrónico: contratacion@conselleriadefacenda.es

g) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=236230.

Poderase consultar tamén na seguinte páxina web: http://www.conselleriadefacenda.es/sicon/contratos

h) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia:

– Económica e financeira: volume anual de negocios que referido ao ano de maior volume dos tres últimos concluídos sexa igual ou superior a 69.421,49 € ou seguro de indemnización por riscos profesionais por importe igual ou superior a 69.421,49 euros.

– Técnica ou profesional: traballos realizados nos últimos cinco anos en auditoría de xestión de fondos públicos cuxo importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior a 32.396,69 €.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: ata as dezanove (19.00) horas do décimo quinto (15) día natural, contado desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no cadro de características do PCAP.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado, na oficina do rexistro único e información no Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto no cadro de características do PCAP.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: acto público:

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: publicarase no perfil do contratante a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre B.

10. Gastos de anuncios:

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG do 13 de xaneiro)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio