Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2017 Páx. 57502

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (560/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre despedimento obxectivo individual 560/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Mujico López contra Mármoles Alende, S.L., sobre despedimento, ditáronse as seguintes resolucións:

1ª. resolución.

«Estimo a demanda en materia de despedimento interposta pola representación procesual da parte demandante fronte a Mármoles Alende, S.L. e, ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral na data desta resolución e condeno a demandada ao aboamento dos salarios de trámite, calculados a razón de 53,32 euros/día.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza de reforzo deste xulgado».

2ª. resolución: auto aclaración de sentenza:

«Estimo a demanda en materia de despedimento interposta pola representación procesual da parte demandante fronte a Mármoles Alende, S.L. e, ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral na data desta resolución e condeno a demandada ao aboamento dos salarios de trámite, calculados a razón de 53,32 euros/día.

En concepto de indemnización, a demandada debe aboar ao demandante a cantidade de 33.310,30 euros

Incorpórese esta resolución ao libro que corresponda e lévese testemuño aos autos principais.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpoñer recurso sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñerse fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mármoles Alende, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza