Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2017 Páx. 57506

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (266/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 266/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rogelio Vigo Castro contra Lineanorte Multiservicios, S.L., ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza 430/2017.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 266/2016, en que son parte neste, como demandante, Rogelio Vigo Castro, asistido pola graduada social Sra. Mallo Nieves e, como demandado, Lineanorte Multiservicios, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome da súa maxestade o rei, con base nos seguintes (...).

Resolución.

Estímase a demanda interposta por Rogelio Vigo Castro fronte a Lineanorte Multiservicios, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 2.109,92 euros. Desta, á cantidade de 933,25 euros é de aplicación o interese do 10 % por amora. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lineanorte Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza