Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57320

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de San Cristovo de Cea (expediente IN407A 2017/18-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Concello de San Cristovo de Cea.

Domicilio social: praza Maior, nº 1, 32130 San Cristovo de Cea.

Denominación: LMT, CS e CT polígono industrial de Cea.

Situación: San Cristovo de Cea.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión subterránea (LMTS) de 58 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 con orixe no apoio nº 76-9 HV-1000-15 existente na liña eléctrica de Unión Fenosa Distribución e final no centro de seccionamento 4L telecontrolado proxectado.

2. Centro de seccionamento 4L telecontrolado proxectado situado nas coordenadas UTM ETRS89 HUSO 29 X:582.717 Y:4.702.392 no concello de Cea, composto por catro celas de liña con interruptor en atmosfera de SF6.

3. Liñas subterráneas ao polígono industrial de Cea:

a) Tramo 1: liña de media tensión subterránea de 587 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 con orixe no centro de seccionamento 4L telecontrolado proxectado e final no CT1 polígono industrial de Cea proxectado.

b) Tramo 2: liña de media tensión subterránea de 254 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 con orixe no CT1 polígono industrial de Cea proxectado e final no CT2 polígono industrial de Cea proxectado.

c) Tramo 3: liña de media tensión subterránea de 36 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 con orixe no CT2 polígono industrial de Cea proxectado e final no CT3 polígono industrial de Cea proxectado.

d) Tramo 4: liña de media tensión subterránea de 849 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 con orixe no CT3 polígono industrial de Cea proxectado e final no centro de seccionamento 4L telecontrolado proxectado.

4. Centros de transformación: proxéctanse tres centros de transformación (CT1, CT2 e CT3) equipados todos eles con dúas celas de liña para entrada e saída do bucle de alimentación, cela de protección e cela de medida (2L+ P), transformador de 400 kVA manobra exterior con R/T 20.000/400-230.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; rúa Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 23 de agosto de 2017

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Decreto 175/2015, artigo 62.3)
Sofía Rodríguez Rodríguez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
e Xestión Económica de Ourense