Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57322

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2017/454-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Residenciales Poio, S.L.

Domicilio social: Párroco José Otero 6º C, 36206 Vigo.

Denominación: LMTS, CT Juan Bautista Andrade 127.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 120 metros de lonxitude, con orixe e final na LMT MUR806, entre os CT 36CFS5 e 36CED7, unha vez entre e saia do centro de transformación proxectado. Centro de transformación a 250 kVA con RT 20 kV/420/240 V, situado na rúa Juan Bautista Andrade 127, Pontevedra.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, DOG nº 54, do 19 de marzo, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 11 de outubro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra