Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57324

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 4 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2017/0219-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que non pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8-2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinalan, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Expediente: RL 2017/0219-4.

Acta: I362017000047682.

Empresa: Anseris Hostelería, S.L.

NIF: B70437140.

Enderezo: polígono industrial do Tambre. R/ Édison, 3-2º, porta 5, Santiago de Compostela.

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigo 50 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social; artigo 12 do Convenio 81 da OIT, do 11 de xullo de 1947, sobre inspección de traballo na industria e no comercio, e artigos 13.3.b), 18 e 22.2 da Lei 23/2015, do 21 de xullo, ordenadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Preceptos sancionadores: artigos 50.2, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 2.11.2017.

Resolución: multa de 1.250 €.

Vigo, 4 de decembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra