Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 21 de novembro de 2017, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-02089-O-2017 e catro máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación do expediente sancionador PO-02089-O-2017 e catro máis por infracción da normativa sobre transportes terrestres.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores estan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 21 de novembro de 2017

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

anexo

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-02089-O-2017

8347-JLY

José Manuel Pontes Gómez

36086829J

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

4.5.2017; 21.29; AP-9; 137,5

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 €

PO-02617-S-2017

2815-BRH

Alquileres Celtacar, S.L.

B36918886

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola que as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas. No suposto de que a infracción consista na falta de visado obrigatorio e este se realizase con anterioridade á data de resolución do procedemento sancionador, a infracción terá a cualificación de leve.
23.5.2017; 15.30; Parking CP A Lama

Art. 60.a) da Lei 4/2013

Art. 63 da Lei 4/2013

2.001 €

PO-02791-O-2017

2992-DKR

Manuel Álvarez Rodríguez

13051358P

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

19.5.2017; 16.55; A-52; 287,0

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 €

PO-02982-O-2017

0061-BRD

Manuel Álvarez Rodríguez

13051358P

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

29.6.2017; 11.16; VG-4.4; 8,6

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 €

PO-02983-O-2017

0061-BRD

Manuel Álvarez Rodríguez

13051358P

Atenuante. Realizar transporte público en vehículo lixeiro ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdese a súa validez.

26.6.2017; 13.01; PO-552; 67,0

Art. 141.25 da LOTT.

Art. 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) da LOTT.

Art. 143.1.f) da LOTT

801 €