Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56804

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ourense

EDICTO (347/2016).

Eu, Francisco Javier Crespo Martín, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ourense, fago saber que nos autos arriba indicados se ditou sentenza o 12 de abril de 2017, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Decido que, estimando parcialmente a demanda interposta polo procurador Camilo Enríquez Naharro, actuando en nome e representación da mercantil Santander Consumer EFC, S.A., contra Carolina Marín Amaya, en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 10.684,67 euros. A devandita cantidade percibirá o interese ordinario remuneratorio fixado no contrato nun 9,2499 % nominal anual desde a interposición da demanda ata o ditame da presente resolución; desde esta última e ata que se produza o pagamento, os xuros de demora procesual do artigo 576 da LAC.

Cada parte aboará as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense. O recurso interpoñerase neste xulgado dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte á notificación».

Que, en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, polo presente se notifica a sentenza a Carolina Marín Maya.

Ourense, 19 de abril de 2017

O letrado da Administración de xustiza