Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56545

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. para ser executada durante o ano 2018.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:

– Resolución do 20 de novembro de 2017, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga) a realización dos traballos de retirada, almacenamento e xestión de residuos procedentes da inspección e vixilancia pesqueira realizada pola Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2018, tramitada como expediente anticipado de gasto.

– Actividade: executar os traballos de retirada, almacenamento e xestión dos materiais, ben sexa como residuo ou para a súa reutilización, de artes de pesca procedentes de comisos realizados pola Subdirección xeral de Gardacostas de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do ano 2018.

Financiamento: tramitouse como expediente anticipado de gasto con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, aplicación orzamentaria 14.01.541C.604.1, con código de proxecto 2011-00867.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar