Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56546

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar para ser executada durante os anos 2017-2020.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:

– Resolución do 23 de novembro de 2017, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a prestación do servizo de oficina técnica para o seguimento do expediente Civil Uavs Iniatitive, fase II: seguridade marítima, (CUI RFP-B MAR-1) Reforzo da seguridade marítima da frota pesqueira galega e das actividades de seguimento da súa actividade.

– Actividade: realización das actuacións relativas á execución polo Cetmar de accións de apoio á Consellería do Mar que teñen como finalidade última a prestación do servizo de oficina técnica para o seguimento do dito expediente de compra pública de innovación.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: ata o 30 de xuño de 2020.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 14.03.723A.604.1 e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 % (medida asistencia técnica).

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar