Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56544

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión á Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial do medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., para ser executada durante o ano 2018.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:

– Resolución do 24 de novembro de 2017, da Consellería do Mar, pola que se encarga ao medio propio Empresa Tecnoloxías e Servizos Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización, dun servizo de apoio á xestión de emerxencias na Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2018 tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: traballos de apoio á xestión de emerxencias na Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2018, mediante a atención, filtraxe, priorización e canalización dos avisos recibidos, de conformidade co disposto no prego de condicións técnicas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servizos Agrarios, S.A, filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2018 ata o 31 de decembro de 2018.

– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, aplicación orzamentaria 14.01.541C.640.1, e con código de proxecto 2011 00867.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar