Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 28 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifica a resolución ditada na reclamación de responsabilidade patrimonial, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente RP/15/00254).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución ditada na reclamación de responsabilidade patrimonial, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no Complexo Administrativo San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.

Fáiselle saber que contra a devandita resolución, definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso, sen prexuízo de que, con carácter previo e potestativo, poida presentar recurso de reposición, ante a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación.

Reclamante: Santiago Molina Pons; expediente RP/15/00254; tipo de resolución: desestimatoria.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda