Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 16 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Muxía (expediente IN407A 2017/136-1).

Expediente: IN407A 2017/136-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT parque eólico Muxía e anexo 1.

Concello: Muxía.

Características técnicas:

– (Afección 1.2) LMTA a 20 kV, de 117 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 28-38-A18-4 proxectado tipo C-14/3000 (substitúese o existente tipo HV-13/250), intercalado na LMTA POT-806 (expediente 50.600) no tramo entre a derivada aos CT Queiroso (expediente 50.600) e Nemiña (expediente 50.600), e final no apoio nº 28-38-A18-5 tipo C-14/3000 (substitúese o existente tipo HV-13/250) intercalado na LMTA POT-806 (expediente 50.600), onde se realiza a derivación ao CT particular Nemiña Aserradero (15PJE2).

– (Afección 1.4) LMTS a 20 kV, de 386 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no paso A/S do apoio nº 28-38-A17-29 proxectado tipo C-14/3000 (substitúe o existente situado nas proximidades) da LMT POT-806 (expediente 50.600), situado no tramo entre a derivada ao CT Martineto (expediente 432/06) e o CT Cuño (expediente 50.600) e final no paso A/S do apoio nº 28-38-A17-30 tipo C-16/3000 proxectado (substitúe o existente situado nas proximidades), situado no tramo entre a derivada ao CT Martineto e o CT Cuño. Retirarase un tramo de LMTA existente LA-56 de 299 m.

– (Afección 1.7) Novas cadeas de suspensión cruce entre os apoios nº 28-38-A17-24 e 28-38-A17-25 existentes, no tramo existente entre a derivada ao CT Vilela (expediente 50.600) e a derivada ao CT Martineto (expediente 432/06).

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 16 de novembro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña