Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56583

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 248/2016, do 14 de abril, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o 14 de abril de 2016, pronunciouse a Sentenza número 248/2016, ditada no procedemento ordinario 4863/2012, interposto pola Plataforma de Afectados por el Plan General de Ordenación Urbana de Abegondo, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto pola Plataforma de Afectados por el Plan General de Ordenación Urbana de Abegondo contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, do 14 de setembro de 2012, sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Abegondo e, en consecuencia, anulamos a dita orde e o PXOM que con ela se aproba, e que son contrarios ao dereito; con imposición, por metade, á demandada e á codemandada das custas sufridas neste proceso pola parte demandante, ben que cun máximo de 2.500 euros por honorarios do letrado».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo