Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 31 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de almacenamento e valorización de RCD na parroquia de Castrelo, concello de Vimianzo, promovido por Cavisa (clave 2017/0065).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do proxecto de almacenamento e valorización de RCD na parroquia de Castrelo, concello de Vimianzo (A Coruña), promovido por Cavisa.

Este informe de impacto ambiental pódese consultar na ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, baixo).

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático