Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56580

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 24 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública de bens inmobles situados no concello de Culleredo, A Coruña e Ferrol.

Ás 11.30 horas do día 7 de febreiro de 2018 terá lugar no salón de actos da Delegación da Axencia Tributaria de Galicia, situado na praza de Pontevedra, nº 22, na Coruña, perante a mesa presidida pola secretaria xeral técnica e do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, primeira, segunda e terceira poxa pública dos seguintes lotes de bens inmobles da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo alleamento foi acordado polas ordes da Consellería de Facenda do 16 de novembro de 2017, do 26 de xuño e do 13 de xuño:

• Lote 1.

– Predio urbano número 41, piso 8º, porta nº 5 ou E, da casa sen número sita no lugar de Acea de Ama e punto coñecido como O Cruceiro, parroquia de Santiago do Burgo, hoxe en día avda. de Galicia do concello de Culleredo, destinado a vivenda, composta de vestíbulo, corredor, catro habitacións, cociña e cuarto de baño, con inclusión do dereito conxunto de propiedade sobre os outros elementos do edificio necesarios para o seu axeitado uso e desfrute. Mide a superficie útil de 62,30 m2 e linda: fronte, escaleiras, piso 8º, porta nº 4 e patio de luces e vistas; dereita entrando: patio de luces e vistas, piso 8º, porta nº 1; esquerda, piso 8º, porta nº 4 e voo da estrada da Xira á Coruña; e costas, confluencia das estradas da Xira á Coruña e da Coruña a Madrid. Representa un enteiro sesenta e cinco centésimas por cento do valor total do inmoble, elementos comúns e gastos. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 3 da Coruña como predio 12.367, libro 307 de Culleredo, folio 40, inscrición sexta. Referencia catastral 1563802NH5916S0045TD.

Tipo de licitación, primeira poxa: 92.448 euros.

Tipo de licitación, segunda poxa: 78.580,80 euros.

Tipo de licitación, terceira poxa: 64.713,60 euros.

Tramo de poxa: 1.000 euros.

• Lote 2.

– Predio urbano. Piso 2º da casa sinalada co nº 9 pola travesía de San Xosé, formando esquina con Quella García da cidade da Coruña. É un local destinado a vivenda, que ocupa a totalidade da planta segunda alta do edificio, excluído o que corresponde a elementos comúns. Distribúese en varias dependencias adecuadas ao seu destino. Ocupa unha superficie de 70 m2. Linda, tomando como referencia a fachada do edificio cara á travesía de San Xosé, con espazo que voa sobre a dita travesía, dereita, entrando, parede de peche do edificio que o separa do patio da casa nº 40 da rúa Atocha Alta, de Manuel Baleato Costa e casa de Baltar Amaro; esquerda, entrando, con espazo que voa sobre Quella García; e costas, en parte, coa casa nº 7 de Quella García, propiedade de José Pérez Paz e, en parte, con espazo que voa sobre o patio de luces existente na planta baixa do edificio, que forma parte do local nº 4 da dita planta baixa, sobre o cal ten dereito de luces e vistas. Interiormente esta vivenda, cara á súa parte de diante, linda ademais co oco e relanzo das escaleiras desta planta. Correspóndelle unha participación nos elementos comúns, con relación á valoración total do inmoble, de 18,5 centésimas. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 4 da Coruña como predio 20.286-N, libro 517, folio 204, inscrición 1. Referencia catastral 9028702NJ4082N0006EE.

Tipo de licitación, primeira poxa: 107.306,64 euros.

Tipo de licitación, segunda poxa: 91.210,64 euros.

Tipo de licitación, terceira poxa: 75.114,65 euros.

Tramo de poxa: 1.000 euros.

• Lote 3.

– Predio urbano. Letra B (fondo esquerda) da planta 11 do bloque 3 denominado Edificio 13, sito no polígono de Caranza, na avenida de Castelao sen número, na cidade de Ferrol. Ocupa unha superficie útil de 72,50 m2 e está distribuída en vestíbulo, cociña, estar-comedor, tendal, terraza, baño, aseo e 3 dormitorios. Linda fronte, vivenda A da mesma planta e relanzo de escaleiras; dereita, relanzo de escaleiras e despois ascensores; fondo, zona verde e despois parcela VI-N; esquerda, espazo libre. Libre de cargas. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol como predio 47.615, tomo 1.531, libro 580, folio 140. Inscrición terceira. Referencia catastral 4446303NJ6144N0046PO.

Tipo de licitación, primeira poxa: 43.619,79 euros.

Tipo de licitación, segunda poxa: 37.076,82 euros.

Tipo de licitación, terceira poxa: 30.533,85 euros.

Tramo de poxa: 1.000 euros.

Os lotes poxaranse independentes e os interesados poden concorrer a calquera deles. Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do lote perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade previamente na Caixa de Depósitos.

Serán por conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios, rateados segundo os tipos dos lotes, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública da venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

Os pregos de condicións que rexen os presentes alleamentos están á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda (http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion).

Teléfonos de información: 981 54 41 51 e 981 54 58 67.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2017

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda