Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 23 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública dun ben inmoble situado no concello de Larouco e dos dereitos hereditarios de Perfecta García Pinal.

Ás 11.00 horas do día 1 de febreiro de 2018 terá lugar no salón de actos nº 2 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, situado no Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, perante a mesa presidida pola secretaria xeral técnica e do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, primeira, segunda e terceira poxa pública dos seguintes lotes de bens e dereitos da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo alleamento foi acordado polas ordes da Consellería de Facenda do 31 de outubro de 2017 e do 24 de outubro de 2017:

• Lote 1.

Urbana, terreo de 474 m2, sobre o que se asenta unha edificación de 109 m2, que foi caseta de legoeiros na estrada OU-536 (hoxe OU-636) de Trives á Rúa, no punto quilométrico 19,900, no lugar da Casilla-Freixido, no concello de Larouco. Estrema o conxunto: norte, camiño municipal; leste, estrada OU-636 de titularidade autonómica; sur, Gervasio Álvarez Díaz; oeste, Joaquín Blanco González.

Referencia catastral 000900300PG59A0001RI.

Inscrita no Rexistro da Propiedade da Pobra de Trives no tomo 375, libro 17, folio 14, predio 1.780 de Larouco.

Tipo de licitación, primeira poxa: 8.114,68 euros.

Tipo de licitación, segunda poxa: 6.897,48 euros.

Tipo de licitación, terceira poxa: 5.680,28 euros.

Tramo de poxa: 100 euros.

• Lote 2.

Dereitos hereditarios de Perfecta García Pinal, dos que foi declara herdeira a Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Auto do 19 de decembro de 2013, do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense.

Tipo de licitación, primeira poxa: 147.604,10 euros.

Tipo de licitación, segunda poxa: 141.583,46 euros.

Tipo de licitación, terceira poxa: 135.562,82 euros.

Tramo de poxa: 1.000 euros.

Os lotes poxaranse independentes e os interesados poden concorrer a calquera deles. Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do lote perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade previamente na Caixa de Depósitos.

Serán por conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios, rateados segundo os tipos dos lotes, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública da venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

Os pregos de condicións que rexen os presentes alleamentos están á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa Pastoriza, nº 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda (http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion).

Teléfono de información: 981 54 41 51 e 981 54 58 67.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda