Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56350

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de novembro de 2017 de notificación de período de proba no expediente PON/507/2016-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o período de proba ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/507/2016-RP1 a José Javier Cancelas Comesaña, en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación para uso residencial no lugar da Fraga, Vincios, no termo municipal de Gondomar, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Á vista das alegacións presentadas e de conformidade co disposto no artigo 77 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, acordouse:

1. Ordenar de oficio a práctica das seguintes probas:

a) Visita de inspección á parcela en que se atopa a edificación, co fin de acceder ao interior da edificación e constatar o uso a que se destina, sinalando os seguintes aspectos:

– Existencia de fosa séptica, instalacións de saneamento ou preinstalación para levalas a cabo nun futuro.

– Existencia de divisións interiores na edificación.

– Elaboración de plano cotado da planta e alzados da edificación.

b) Documental, consistente en requirir o interesado para que dentro do período probatorio presente a seguinte documentación:

– Documentos, xustificantes, fotografías ou outros elementos que permitan acreditar, de modo fidedigno, a data de total finalización das obras de construción da edificación, en particular:

• Certificado final de obra subscrito por facultativo ou facultativos competentes.

• Contratos de subministracións de auga, electricidade, gas ou telecomunicacións.

• Recibos das subministracións de auga, gas e electricidade ou telecomunicacións.

2. Abrir un período de proba polo prazo de 30 días hábiles para a práctica das probas sinaladas nos puntos anteriores.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística