Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica a prórroga da toma de posesión dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Cures-Boiro (Boiro-A Coruña).

Con data do 7 de novembro de 2017 o director xeral de Desenvolvemento Rural ditou a seguinte resolución:

«Autorizada o 10 de maio de 2017 a toma de posesión dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Cures-Boiro (Boiro-A Coruña) e visto o informe emitido polo Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias da Coruña, esta dirección xeral

RESOLVE:

Prorrogar seis meses a toma de posesión provisoria dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Cures-Boiro (Boiro-A Coruña), para os efectos da retirada do arboredo.

A xefatura territorial desta Consellería do Medio Rural na Coruña precederá á publicación dos correspondentes avisos na forma legalmente prevista».

A Coruña, 20 de novembro de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña