Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública a Resolución do 22 de novembro de 2017 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 849 do polígono 5, do termo municipal das Pontes de García Rodríguez.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña autorizou, mediante a Resolución do 22 de novembro de 2017, o cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 849 do polígono 5, do termo municipal das Pontes de García Rodríguez. O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 3.11.2017.

A Coruña, 22 de novembro de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña